español english galego
Secundino Rivera
Estás en: comezo · comentarios a obra

Comentarios a obra

"Secundino Rivera parece un Greco transido de luces do trópico, de luces que proxectan mensaxes doutras constelacions. As súas paisaxes son alucinantes. As súas paisaxes son como quere Picasso que sexan os cadros: con misterio, con algo que poñamos nós neles." M. Sánchez Camargo

"Esta exposición de S. Rivera é unha confirmación do que intuiron críticos e mestres casi dende o principio da súa aprendizaxe: que había nél unha forza creadora innata, gobernándoo, impoñéndolle ser pintor como a outros o subconsciente lles di que escriban." José Antonio Rial

"Secundino Rivera, que sente o crioulo e que realiza un paisaxismo moi persoal, alonxado da clásica "Escuela de Caracas" e máis do noso tempo. Os seus óleos traballados en pintura-pintura, con espátula e pincel nun expresionismo de gran forza e de boa lei, con total captación da luz e da color do subtrópico venezolano. Entra definitivamente e con pé firme no grupo dos novos paisaxistas venezolanos." RAS

"Secundino Rivera ten unha visión pictórica ampla e xenerosa da terra venezolana e caraqueña. En el non hai arte de laboratorio nin tremores indecisos. Pinta espallando a materia con instrumentos anchos no que dá de si o brazo e logo tatúa con forza o que se puidera chamar unha concesión mínima á sensibilidade ou sensiblería. Creo nas facultades e na obra de Rivera como creo na mesma pintura." Francisco San José

"A cor mézclase, desenrolado, sobre un lenzo sinxelo, e aqueles ceos acostumados a luz das américas, vóltanse melancólicos e galaicos, para servir de fondo a estos verdes desatados da nosa rexión. Naide me mostrará unha vista de A Coruña coma a que poido admirar saida da sua paleta. Aquí o postimpresionismo evolucionou ata un expresionismo doce, no que se concibe a paisaxe cos volumes dunha representación matérica e tanxible. E un concepto case escultórico de trata-lo óleo. Sen decatarnos aparece o artista multidisciplinar que sempre nos pareceu." Julio Otero Sánchez

Barquero, 2002 (Dibujo a plumilla sobre papel) Barquero, 2002 (Dibujo a plumilla sobre papel)

Cando en Santa Elena de Üairen Secundino na sombra baixa e húmida do morichal era Rivera, vívida singladura da sabana azul e verde e prata camiño do conuco e trocha de selviña e senda do caolín e sabana de sílice na pata do Roraima na formación (arca de venados, de báquiros e do paxaro pauxí) a Árbore do Mundo e Makunaima sacundindo para dar vida e froitos os homes e as outras criaturas, este meu amigo pintor da sabana e moriches, que timonea nubes bravas e sedentas de segredos cores caronas e de montes anclados coma telúricos sexos, digo, a pouco que pretenda ser chega e e pintor do Yuruaní e levanta Secundino a sua mirada o Auyan, o Acopan, o Apakará. ¡Ay! Sabaniña de Antavari. ¡Ay! Gran Sabana. Chega a Ourense o mestre Rivera pintando moito e morrendo un pouco en elo, revivindo a cada paso, deixando nesa viaxe alento e pel, coa escola que da a mestra vida, boa academia e esa reciedumbre caureliana nel de erguerse os seus setenta fermosos anos e decir ¡Ea! ¡Dademe esa paleta e ese pincel, que de novo teño un soño! ¡Quero pintar!.
E agora, de novo a miragre e posible, chega Secundino Rivera, ese xove fermoso dorado de paisaxes caurelianos, Seara, alta Seara señora, donde ten un corazón preso e de outras olladas non otorgadas polos deuses a calquera. Pon a sua obra aquí, en Ourense, entre nos, este galego cósmico de O Barqueiro, neto de Caurel, un luxo, un tesouro, dou fé e levanto acta fidel de que si Secundino Rivera non existira habería que inventalo. Verdade que sí.
Xavier Ferreiro

Pico de Águila, 1960 Pico de Águila, 1960

"Secundino Rivera é un paisaxista xenial e un colorista que, de certo xeito, poderiamos adscribir ó novo luminismo. Os seus cadros teñen verdadeira autonomía plástica, e ó mesmo tempo, conteñen unha fisonomía xeográfica perfectamente caracterizada." Diario ABC de Madrid

"Secundino Rivera sente como poucos a paisaxe venezolana. Na súa marabillosa sinfonía de colores, negando con estes cadros a teoría da brancura dos pintores do trópico como algunha vez teorizou o crítico de arte Enrique Planchart." Óscar Rojas Jiménez

"A pintura de Secundino Rivera e de acción e nos seus lenzos a sua pincelada e ancha, con moita pasta, de primeira intención. Poderiamos sinalar que Secundino Rivera non pinta para copiar sinon que, achegándose o motivo coma unha actividade vital e mental, extrae unha figuración nova do cotiá para situarse coma espectador inquedo e nada conformista coa realidade que observa. A sua e unha paisaxe directa, libre de trazo e composición, lúcida e exuberante, realizada con gran pulsión do artista, e que actúa coma tema idóneo para que o artista desenrole toda a su a habilidade pictórica." Carlos Delgado. El Punto de las Artes

"Secundino Rivera: A súa pintura é luminosa e subxectiva, caracterízase pola riqueza do empaste e a boa composición. Os seus retratos, que teñen a axuda do seu bo debuxo, como primeira vantaxe, teñen ó expresionismo, anque non estean, pictóricamente, dentro desa sombría escuela." Rafael Delgado

"Para Secundino Rivera, a organización singular das súas paisaxes en dous planos ben diferenciados e marcados, ten posiblemente unha razón e causa nesa necesidade de "revelación". E se observamos as súas paisaxes dende a tradición das diferentes vistas do Ávila (Véxase desde Porter a Cabré) cos cales parece establecerse como un diálogo crítico, atoparemos neles unha vontade de fusión, mentres que en Secundino, os diferentes rexistros gráficos se citan como nunha cultura do terrestre, para abrir logo sobre a magnificencia dos seus ceos. E aí é tal a súa maestría, que eles parecen impoñerlle desde o moi alto a crudeza dunha expresión espontánea por unha parte, todo o seu estremecemento, pero por outro lado, como a chamada do inefable da paisaxe recóndita da nosa profundidade. Se as paisaxes de Secundino falan en futuro, é porque a través dos seus ceos, xa o terrestre intúe a gran forza cósmica." Luis Pannier

Bo debuxante, dultil escultor, aínda que a súa temática é polifónica descubrimos unha especial querencia pola paisaxe. Non descubrimos nada se dicimos que rivera é un pintor de luz. Podemos abrasarnos nas súas paisaxes do Ávila Venezolano, pero tamén soñar na melancolía violeta do seu solpor. A pintura, a materia, modelada con man firme pero delicada, vai tinxindo o o lenzo, antes ermo, deserto, conformando un océano de coroes expresionista.
No seu traballo actual, o esplendor caribeño cedeu o seu lugar ao verdor atlántico; a incandescencia tropical aos matices agrisados do horizonte galego, os aires cálidos,á épica música do nordés. Volve nacer de novo na súa terra Secundino, ave fénix nas cinzas da súa infancia.
Carlos Pereira Martínez

2019 © Secundino Rivera Secundino Rivera en Facebook